FAQ's sobre correo electrónico

Non se pode acceder ao servidor de correo aínda que si deixa enviar.
Non se pode enviar correo.
Mensaxe enviada chega devolta (ben "warning" ou ben "erro").
Ao conectar para recoller as mensaxes quédase como bloqueado ou tarda moito.
Recibo unha mensaxe cun arquivo de 1 mega mais o módem ou o programa indícame que recibín 2 megas. ¿Perdín información?.
Estou agardando un correo que non me chega.
Recibo publicidade, ameazas, alerta de virus ou afirmacións de subscrición a páxinas que non pedimos.
Recibín un correo aparentemente normal referido a unha persoa que se chama coma min.
Chéganme as mensaxes cun montón de lixo dentro.

Non se pode acceder ao servidor de correo aínda que si deixa enviar:

a. Comprobar que na configuración do programa de correo en "servidor de correo entrante POP3" se ten recibir.arquired.es.
b. Comprobar que en nome de usuario se ten o que aparece á esquerda da dirección de correo (sen incluír @arquired.es e en minúsculas).

Exemplo: Para pepe@arquired.es

Servidor de correo entrante POP3: pop3.arquired.es

Servidor de correo saínte SMTP: smtp.arquired.es

Nome de usuario POP: Pepe

Non se pode enviar correo

a. Comprobar que na configuración do programa de correo en "servidor de correo saínte ou SMTP" aparece "enviar.arquired.es".
b. Comprobar que está activada a opción de autentificación
c. Comprobar que todas as mensaxes pendentes de saír teñen unha dirección correcta. Se fai falla, borralas e mandalas unha a unha.

Mensaxe enviada chega devolta (ben "warning" ou ben "erro").

a. Comprobar que a dirección do destinatario é correcta.
b. Volver a intentalo, pode ser que o servidor ao que se vai mandar se atope caído.

Ao conectar para recoller as mensaxes quédase como bloqueado ou tarda moito.

a. Tentalo un par de veces. Caso de non poder conseguir a mensaxe pode probar na nosa páxina web, entrando na opción de correo e despois de introducir o login e password poderás borrar as mensaxes que ocupan "megas" e que son moi difíciles de baixar.
b. Se a mensaxe contén algo moi importante que á vez non importa deixar nun FTP público poñerse en contacto co soporte técnico.

Recibo unha mensaxe cun arquivo de 1 mega mais o módem ou o programa indícame que recibín 2 megas. ¿Perdín información?

a. Non estamos perdendo información, o problema é que ao baixar as mensaxes estas se parten en paquetes aos cales se lles engaden cabeceiras e colas que os fan máis grandes.

Estou agardando un correo que non me chega.

a. Comprobar que si se pode recibir correo doutras direccións por exemplo mandándose un correo a un mesmo.
b. Ler a cuestión "Mensaxe enviada chega devolta (ben "warning" ou ben "erro").

Recibo publicidade, ameazas, alerta de virus ou afirmacións de subscrición a páxinas que non pedimos.

a. Calquera usuario pode realizar calquera destas accións con só facer un cambio no programa de correo polo que o máis aconsellable é rexeitar estes correos ou poñerse en contacto coa empresa para negar o feito.

ALGÚNS CONSELLOS:
a) Cando se reciba algún correo dicindo que se escriba a unha dirección en concreto para unha boa causa social (salvar nenos, doar diñeiro...) non facelo xa que habitualmente o que busca un terceiro é saturar a algunha outra compañía ou usuario (o cal recibe unha mensaxe cada vez que tentamos realizar a boa obra).
b) Cando se recibe un correo dicindo o perigoso que resulta a mensaxe xa que formataría o disco ou cousas similares, non facer nin caso e tiralo xunto co ficheiro adxunto.
c) Non poñer en calquera páxina información persoal e moito menos dar o número de VISA ou tarxeta de crédito a menos que a páxina estea nun servidor seguro.
d) Se recibes un mail de alguén a quen non coñeces presentándose como un amigo que quere intercambiar mensaxes non contestalo xa que probablemente sexa algunha compañía de publicidade que busca saber se as direccións á que escriben existen ou non.
e) Nas listas ou IRC non poñer a dirección auténtica de correo nin os datos persoais, xa que moita xente fará mal uso del. É preferible dalos cando haxa unha confianza.

Recibín un correo aparentemente normal referido a unha persoa que se chama coma min.

a. Escribir facendo un reply ou contestar ao autor informándolle do seu erro.

Chéganme as mensaxes cun montón de lixo dentro.

a. O máis lóxico é que che mandasen un ficheiro adxunto de forma equivocada. Hai que usar o método MIME como norma xeral e engadir o arquivo con opcións como "inserir arquivo", "engadir adxunto", "attach", "Ctrl+H"...