A continuación indicámoslle como configurar a caixa de correo Arquired (@arquired.es)

Información xeral:

Ha de configurarse una conta POP (non elixir IMAP).
Indicar o enderezo de correo completo (incluído @arquired.es) no Nome de usuario.
Servidor de correo entrante (POP3): recibir.arquired.es (porto 110).
Servidor de correo saínte (SMTP): enviar.arquired.es (porto 25 non 587).
NON se permiten as conexións vía SSL.
A autenticación ha de ser por Contrasinal ou por APOP (non por MD5, NTLM...).
O servidor de correo saínte require autenticación.
Revisar a opción de Eliminar mensaxes do servidor despois de recibilas.
Configurar a frecuencia de lectura da caixa de correo a cada 30 minutos.

A maioría de programas de correo dispoñen dun asistente para configurar unha conta de correo POP. Por favor, siga os pasos marcados polo asistente tendo presente a información facilitada no apartado anterior.

Para garantir a correcta configuración da súa conta de @arquired.es, observe atentamente as seguintes imaxes de exemplo:

NOTA: A modo de exemplo incluíronse imaxes extraídas de ambientes Windows, pero os datos contidos son válidos para calquera sistema de correo.


Verificar que a conta estea incluída na sincronización automática (enviar e recibir) do programa de correo.


Comprobar a configuración dos servidores POP3 e SMTP, así como que o inicio de sesión sexa con Contrasinal non cifrado ou con APOP. É moi importante ter presente que o envío de mensaxes require autenticación.


Revisar os portos do SMTP (25, non 587) e o POP3 (110).
Non se permiten as conexións seguras (SSL).
Garantir a eliminación das mensaxes do servidor.

Por favor, configure o seu cliente de correo para que borre as mensaxes do servidor tan pronto como sexa posible. Teña presente que se a caixa de correo se enche, deixará de recibir mensaxes.

Suxestións de configuración:

  • Se vostede só descarga as mensaxes nun dispositivo (p.e. nun PC), non tería que manter ningunha copia das mensaxes no servidor. Revise a súa configuración para DESACTIVAR a opción de "Deixar unha copia das mensaxes no servidor"

  • Se vostede descarga as mensaxes dende máis dun equipo (PC Casa, PC Oficina, móbil, etc.), configure os seus programas de correo de forma que as mensaxes permanezan o mínimo tempo posible no servidor. Por exemplo, seleccione "Quitar do servidor despois de 3 días" e "Quitar do servidor ao eliminar de "Elementos eliminados". Esta última opción é moi útil para eliminar as mensaxes non desexadas (SPAM...) e evitar así que sexan descargados nos outros dispositivos. Pero teña presente que non só é eliminalas, tamén hai que borralas da Bandexa de eliminados (eliminado definitivo), para que a regra teña efecto.


É moi importante axustar a frecuencia de busca de mensaxes novas no servidor. O valor aconsellado é de 30 minutos (valor por defecto).

A excesiva frecuencia no tempo de consulta ou busca de novas mensaxes, pode provocar o bloqueo temporal da súa caixa de correo. O servidor de correo de Arquired non permite o acceso concorrente á caixa de correo e por tanto se accede a este dende máis dun dispositivo simultaneamente (p.e. dende PC e móbil, 2 PC, etc.) bloqueará a caixa de correo e xerará un erro de "Caixa de correo ocupada" (Mail box busy). Non esqueza revisar a frecuencia nos dispositivos móbiles, como teléfonos, tablets, etc..., pois moitas veces son estes dispositivos os responsables do bloqueo temporal da caixa de correo.
Teña presente que sempre que envía unha mensaxe, se realizará unha conexión ao servidor para actualizar a caixa de correo e que dispón do botón "enviar e recibir" para forzar a acción cando o desexe.