seguros

Arquia Seguros, un servizo especializado de seguros para os clientes de Arquia

¿Quen somos?

En 1991 constitúese Arquiseguros S.A., Corretaxe de Seguros que inicia a súa actividade especializándose no asesoramento de Riscos Persoais dos profesionais da Arquitectura.

Dende a súa constitución e ata o día de hoxe, son moitos clientes os que contrataron e confiaron a xestión dos seus seguros a Arquia Seguros, que realiza unha constante actualización dos seus métodos de contratación de Pólizas e de xestión dos Riscos Asegurables.

¿Que servizos ofrecemos aos nosos clientes?

A experiencia e o acceso ás principais ofertas das compañías no mercado asegurador, permite a Arquia Seguros ofrecer un servizo de asesoramento, deseño e contratación de programas de seguros que cubran dunha forma completa todas as necesidades en materia de protección e previsión de calquera persoa ou empresa.

  • Auditoría e estudo das pólizas actualmente contratadas para analizar a idoneidade do contrato ás necesidades reais do cliente.
  • Deseño e elaboración da solución aseguradora para cada cliente.
  • Mantemento, Administración e Actualización das súas pólizas, mediante revisións periódicas, para evitar desfases no tempo e do mercado asegurador.
  • Asistencia e Asesoramento nos sinistros, fronte á aseguradora, para que se apliquen as garantías contratadas.
  • Calquera outro tipo de consulta técnica relacionada coa xestión dos riscos tanto no ámbito persoal como no profesional.

¿Con que vantaxes?

  • Todos os servizos ofrecidos se prestan de forma gratuíta aos nosos clientes. A remuneración de Arquia Seguros provén exclusivamente das compañías aseguradoras.
  • A nosa corretaxe de seguros está orientada exclusivamente ao servizo do cliente seleccionando as mellores ofertas entre as compañías de seguros que operan no territorio español.

A nosa gama de produtos: unha solución para cada requirimento

A gama de seguros que comercializamos ofrece solucións para o ámbito persoal como no profesional e empresarial.

  • Seguros de vida e accidentes (falecemento e invalidez).
  • Seguros patrimoniais e de danos (edificios, comunidades de propietarios, fogar, estudio, embarcacións e outros bens).
  • Previsión social complementaria: seguros de aforro, rendas, plans de previsión asegurados.
  • Seguros para cubrir os riscos derivados da edificación.
  • Seguros de asistencia sanitaria e de incapacidade profesional: para complementar o sistema público de previsión social.
  • Seguros de Responsabilidade Civil Xeral
  • Seguros para clientes constituídos como Sociedades en calquera das súas formas xurídicas.

Ademais destes produtos básicos do mercado asegurador, deseñamos programas de seguros particularizados e contratamos as Coberturas e Pólizas que son requiridas aos nosos clientes polas novas necesidades que se xeran.

MEDIADOR: Arquiseguros, Correduría de seguros de la Caja de Arquitectos S.A.
Inscrita no Rexistro administrativo especial da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións coa clave J-713 e no Rexistro Mercantil de Barcelona na folla núm. B-11433, folio 111, tomo 20723. NIF A59697573. Concertado Seguro de Responsabilidade Civil e acreditada capacidade financeira de conformidade á Lei 26/2006 do 17 de xullo.