visas

Visa Electrón

É a nosa tarxeta de débito. As operacións realizadas cárganse directamente na conta corrente asociada. É gratuíta e sen comisións anuais.

Por seguridade leva incorporados uns límites por operación e un límite mensual. Como calquera outra VISA pódese usar en calquera establecemento ou caixeiro onde vexa o distintivo VISA (practicamente en todo o mundo).

Caja de Arquitectos segue as recomendacións do Código de boa conduta do sector bancario europeo, relativo aos sistemas de pagamento limitando a responsabilidade do usuario no uso das súas tarxetas VISA, agás cando exista grave neglixencia ou fraude, a 150 euros.

Visa Classic

É unha tarxeta de crédito: os cargos das operacións a crédito (compras en establecementos e anticipos de efectivo a crédito) efectúanse o primeiro día hábil de cada mes, mais pode aprazalos ou fraccionalos (un mínimo de 30 euros mensuais ou o 10 % do saldo).

A cota anual é gratuíta e tampouco se cobran comisións nas compras a crédito. Cando a use en caixeiros automáticos pode funcionar como tarxeta de débito (cargo en conta inmediato).

Cobertura do seguro por accidentes de ata 180.000 euros para todos os transportes públicos que se paguen coa tarxeta (condicións especiais en alugamento de coches) e compras ata 12.000 euros en caso de morte por accidente laboral ou particular.

Visa Oro

É a tarxeta de crédito con máis vantaxes.

Reposición da tarxeta de emerxencia ou envío de efectivo en caso de roubo ou extravío da tarxeta.

Cobertura do seguro por accidentes de ata 600.000 euros para todos os transportes públicos que se paguen coa tarxeta (excepto aluguer de coches) e compras ata 12.000 euros en caso de morte por accidente laboral ou particular.

As súas viaxes no estranxeiro estarán cubertas por un Seguro de Asistencia:

  • Gastos médicos: asistencia médica, cirúrxica e hospitalaria ata 3.500€ no estranxeiro e ata 600€ en España. Gastos odontolóxicos ata 150€.
  • Repatriación ou Traslado sanitario en todo o mundo.
  • Traslado por falecemento do asegurado.
  • Prolongación de estancia en hotel por Enfermidade sobrevinda ou accidente (límite de 100€/día e ata 10 días consecutivos).
  • Desprazamento ida/volta dun familiar para acompañalo en caso de enfermidade ou accidente.
  • Gastos de estancia do familiar desprazado (límite de 100€/día e ata 10 días consecutivos).
  • Retorno anticipado por defunción dun familiar de primeiro grao
  • Envío de medicamentos non dispoñibles no lugar de destino.
  • Busca e envío de equipaxes en todo o mundo.

A cota anual para o primeiro titular é de 42 euros e de 15 euros para o segundo.

Dispón así mesmo de descontos especiais en aluguer de automóbiles (AVIS) e hoteis afiliados ao programa.

Teléfonos bloqueo tarxetas Visa

En caso de extravío o roubo denuncie inmediatamente a desaparición da súa tarxeta.

Se se encontra en España chame ao teléfono de Servired 902 192 100 (24 horas).

Se se encontra no estranxeiro, pode contactar con VISA en teléfonos +34 917 742 621 y +34 918 385 002 (24 horas).

Se necesita máis información, pode consultar en www.servired.es (sección "emerxencias") ou en www.visaeurope.es (sección "SOS").