banca privada

Dispoña dun modelo propio de Banca Privada pensado para vostede

Arquia Banca Privada é un modelo exclusivo que lle ofrece solucións personalizadas para dar resposta ás súas necesidades económico/financeiras a través de produtos e servizos deseñados a medida.
Conta cunha completa oferta de servizos que se adapta á súa situación particular, dende o servizo e atención ao cliente personalizado ata a cesión da xestión do seu patrimonio.

¿Que é Banca Privada?

Arquia Banca Privada é a área especializada en servizo para grandes patrimonios que Arquia Banca ofrece aos seus clientes exclusivos, como vostede.
Os clientes de elevado patrimonio e rendas altas non dispoñen normalmente de tempo nin de medios para optimizar os seus investimentos. Se este é o seu caso, a Banca Privada de Arquia ofrécelle un servizo personalizado, cunha oferta global de produtos e servizos, para atender todas as súas necesidades e cubrir as expectativas como investidor.

¿Como o facemos?

Con compromiso e confianza. Para iso, debemos coñecer as súas necesidades e traballar conxuntamente. Asignámoslle un asesor que o atende e escoita para coñecer o seu perfil concreto e, tras unha análise dos obxectivos e da evolución dos mercados, estuda as estratexias de investimento máis axeitadas para alcanzar a rendibilidade esperada.