aforro previsión

A planificación dun aforro específico para complementar as pensións por xubilación é hoxe imprescindible tanto para os empresarios, como para os profesionais liberais e tamén os que exercen a súa profesión en empresas e administracións públicas.

Os xestores de banca persoal de Arquia ofrecen información e produtos adecuados para cada necesidade e perfil de risco co fin de que todos os nosos clientes poidan gozar na súa xubilación dunha pensión para complementar as prestacións públicas por xubilación.

Unha vez chegado o momento de xubilarse, tamén poderán ofrecer o asesoramento adecuado para que o cobramento das prestacións dos diferentes instrumentos (plans de pensións, seguros ou outros) lle achegue o maior beneficio e servizo ao cliente (capital, renda temporal, vitalicia, financeira, forma mixta…).