Orixes

A Caja de Arquitectos, S. Coop. de Crédito, é unha entidade financeira creada por e para os arquitectos, co obxecto de atender as súas necesidades específicas de aforro e de crédito.

A Caja constituíuse o 2 de marzo de 1983, a iniciativa dos órganos reitores dos Colexios de Arquitectos, da Irmandade e do Consello Superior, organismos que á súa vez se facían eco do interese dos Colexios por dispoñer da súa propia entidade financeira, expresado no Congreso de Granada de 1981.

Dende a súa creación, a Caja realiza e fomenta o crédito cooperativo, servindo ás necesidades financeiras das cooperativas asociadas e dos seus socios, así como o financiamento de operacións encamiñadas á mellora social dos seus compoñentes. Especializada na problemática financeira dos Arquitectos, a Caja ofrécelles as mellores condicións económicas de retribución e custo do diñeiro, en libre competencia con bancos e caixas de aforro.

Funcionamento

Dotada de personalidade xurídica propia e independente, os seus estatutos e funcionamento baséanse na lexislación sobre cooperativas de crédito do Ministerio de Traballo e Seguridade Social, así como na normativa de carácter técnico e financeiro do Ministerio de Economía e Facenda e do Banco de España.

Dende un punto de vista de control, o bo funcionamento da Caja regúlase por diversos medios: a normativa bancaria das cooperativas de crédito e a supervisión do seu cumprimento polo Banco de España; a realización anual dunha auditoría externa; e o control directo da xestión polos socios, a través dos órganos pertinentes (Asemblea Xeral e Consello Reitor).

A Caja de Arquitectos pertence ao Fondo de Garantía de Depósitos dispoñendo os seus clientes da cobertura do mesmo.

É entidade colaboradora do Ministerio de Facenda e da Tesourería da Seguridade Social para a recadación de impostos e cotas e tamén para o pagamento de prestacións.

productos y servicios sin comisiones

Valor diferencial de Arquia

arquia red

Su oficina de arquia a un clic

renta 2010

Comodidad y seguridad en sus compras

cuenta joven

Para estudiantes y jóvenes arquitectos

arquia/documental 22

Le Corbusier
Le Cabanon

arquia/tesis 35

Contínuum Cósmico:
Frederick Kiesler
José Luis Luque Blanco

descarga gratuita

Apuntes de viaje
al interior del tiempo