Arquia Seguros, un servizo especializado de seguros para os clientes de Arquia
¿Quen somos?
En 1991 constitúese Arquiseguros S.A., Corretaxe de Seguros que inicia a súa actividade especializándose no asesoramento de Riscos Persoais dos profesionais da Arquitectura.
Dende a súa constitución e ata o día de hoxe, son moitos clientes os que contrataron e confiaron a xestión dos seus seguros a Arquia Seguros, que realiza unha constante actualización dos seus métodos de contratación de Pólizas e de xestión dos Riscos Asegurables.
¿Que servizos ofrecemos aos nosos clientes?
A experiencia e o acceso ás principais ofertas das compañías no mercado asegurador, permite a Arquia Seguros ofrecer un servizo de asesoramento, deseño e contratación de programas de seguros que cubran dunha forma completa todas as necesidades en materia de protección e previsión de calquera persoa ou empresa.
- Auditoría e estudo das pólizas actualmente contratadas para analizar a idoneidade do contrato ás necesidades reais do cliente.
- Deseño e elaboración da solución aseguradora para cada cliente.
- Mantemento, Administración e Actualización das súas pólizas, mediante revisións periódicas, para evitar desfases no tempo e do mercado asegurador.
- Asistencia e Asesoramento nos sinistros, fronte á aseguradora, para que se apliquen as garantías contratadas.
- Calquera outro tipo de consulta técnica relacionada coa xestión dos riscos tanto no ámbito persoal como no profesional.
¿Con que vantaxes?
- Todos os servizos ofrecidos se prestan de forma gratuíta aos nosos clientes. A remuneración de Arquia Seguros provén exclusivamente das compañías aseguradoras.
- A nosa corretaxe de seguros está orientada exclusivamente ao servizo do cliente seleccionando as mellores ofertas entre as compañías de seguros que operan no territorio español.
A nosa gama de produtos: unha solución para cada requirimento
A gama de seguros que comercializamos ofrece solucións para o ámbito persoal como no profesional e empresarial.
- Seguros de vida e accidentes (falecemento e invalidez).
- Seguros patrimoniais e de danos (edificios, comunidades de propietarios, fogar, estudio, embarcacións e outros bens).
- Previsión social complementaria: seguros de aforro, rendas, plans de previsión asegurados.
- Seguros para cubrir os riscos derivados da edificación.
- Seguros de asistencia sanitaria e de incapacidade profesional: para complementar o sistema público de previsión social.
- Seguros de Responsabilidade Civil Xeral
- Seguros para clientes constituídos como Sociedades en calquera das súas formas xurídicas.
Ademais destes produtos básicos do mercado asegurador, deseñamos programas de seguros particularizados e contratamos as Coberturas e Pólizas que son requiridas aos nosos clientes polas novas necesidades que se xeran.
MEDIADOR: Arquiseguros, Correduría de seguros de la Caja de Arquitectos y de Asemas Mutua de Seguros a prima fija, S.A.
Inscrita no Rexistro administrativo especial da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións coa clave J-173 e no Rexistro Mercantil de Barcelona na folla núm. B-11433, folio 111, tomo 20723. NIF A59697573. Concertado Seguro de Responsabilidade Civil e acreditada capacidade financeira de conformidade á Lei 26/2006 do 17 de xullo.



