plans de pensións

Arquiplans

Invierta en uno o varios Arquiplanes y cambie la composición de los mismos cuando quiera, de acuerdo con sus características como inversor.

Conservador Arquiplan Monetario
100% en renda fixa a curto prazo
Moderado Arquiplan Investimento
Ata un 80% en renda fixa a longo prazo
Equilibrado Arquiplan Aforro
Ata un 30 % en renda variable
Dinámico Arquiplan Crecemento
Ata un 75 % en renda variable
Agresivo Arquiplan Bolsa
100 % en renda variable


En calquera momento pode trasladar os seus dereitos, total ou parcialmente, dun Arquiplan a outro:

  • Simplemente comunicándoo á súa oficina ou a través de Arquired ou por correo electrónico a pensiones@arquia.es
  • Sen importes mínimos e sen límite de traslados.
  • Sen comisións nin penalizacións.
  • Sen custo fiscal.

Se vostede xa dispón dun Plan de Pensións noutro Banco, Caixa ou Entidade Aseguradora e desexa cambiar a Arquiplans, en Caja de Arquitectos ocuparémonos de todos os trámites do traspaso sen custo algún.


Achegas e Fiscalidade

As achegas realizadas a sistemas de previsión social poderán reducirse na base impoñible do IRPF, ata a menor das cantidades seguintes:

  • O 30% da suma dos rendementos netos do traballo e de actividades económicas percibidos individualmente no exercicio. Esta porcentaxe será do 50% para contribuíntes maiores de 50 anos.
  • 10.000 € anuais. Non obstante, no caso de contribuíntes maiores de 50 anos a contía anterior será de 12.500 €.

Así mesmo, os contribuíntes cuxo cónxuxe non obteña rendementos netos do traballo nin de actividades económicas, ou os obteña en contía inferior a 8.000 € anuais, poderán reducir na base impoñible as achegas realizadas aos sistemas de previsión social dos que sexa partícipe, mutualista ou titular este cónxuxe, co límite máximo de 2.000 € anuais.


Cálculo do importe máximo anual a achegar
Data nacemento:
O seu cónxuxe ten ingresos anuais inferiores a 8.000 €
   
Rendementos Netos do traballo e de actividades económicas: