visas

Visa Electrón

É a nosa tarxeta de débito. As operacións realizadas cárganse directamente na conta corrente asociada. É gratuíta e sen comisións anuais. Tampouco hai ningunha comisión por dispoñer de efectivo en caixeiros, xa sexan da nosa rede (Servired) ou doutras redes, nin hai importes mínimos.

Por seguridade leva incorporados uns límites por operación e un límite mensual. Como calquera outra VISA pódese usar en calquera establecemento ou caixeiro onde vexa o distintivo VISA (practicamente en todo o mundo).

Caja de Arquitectos segue as recomendacións do Código de boa conduta do sector bancario europeo, relativo aos sistemas de pagamento limitando a responsabilidade do usuario no uso das súas tarxetas VISA, agás cando exista grave neglixencia ou fraude, a 150 euros.

Visa Classic

É unha tarxeta de crédito: os cargos das operacións a crédito (compras en establecementos e anticipos de efectivo a crédito) efectúanse o primeiro día hábil de cada mes, mais pode aprazalos ou fraccionalos (un mínimo de 30 euros mensuais ou o 10 % do saldo).

A cota anual é gratuíta e tampouco se cobran comisións nas compras a crédito. Cando a use en caixeiros automáticos pode funcionar como tarxeta de débito (cargo en conta inmediato) e nese caso tampouco se aplican comisións.

Cobertura do seguro por accidentes de ata 180.000 euros para todos os transportes públicos que se paguen coa tarxeta (condicións especiais en alugamento de coches) e compras ata 12.000 euros en caso de morte por accidente laboral ou particular.

Visa Oro

É a tarxeta de crédito con máis vantaxes.

Reposición da tarxeta de emerxencia ou envío de efectivo en caso de roubo ou extravío da tarxeta.

Cobertura do seguro por accidentes de ata 600.000 euros para todos os transportes públicos que se paguen coa tarxeta (excepto aluguer de coches) e compras ata 12.000 euros en caso de morte por accidente laboral ou particular.

As súas viaxes ao estranxeiro están cubertas por un Seguro de Asistencia en Viaxe de Mondial Assistance con:

  • Pagamento ou reembolso de gastos médicos de ata 3.300 euros.
  • Transmisión de mensaxes urxentes.
  • Repatriación ou transporte sanitario de feridos ou enfermos e do resto dos asegurados.
  • Repatriación e transporte de menores acompañados por unha azafata ou persoa designada polo asegurado.
  • Regreso anticipado por falecemento dun familiar de primeiro grao.
  • Desprazamento dun acompañante familiar xunto ao asegurado hospitalizado.
  • Inmobilización nun hotel (ata 30 euros/día, cun máximo de 300 euros).
  • Repatriación ou transporte do asegurado falecido.
  • Envío ou reenvío de obxectos esquecidos e/ou roubados (ata 120 euros).
  • Axuda na localización e envío de equipaxes.
  • Anticipo de fianza penal no estranxeiro (ata 4.800 euros).
  • Gastos de defensa legal no estranxeiro (ata 600 euros).

A cota anual para o primeiro titular é de 42 euros e de 15 euros para o segundo.

Dispón así mesmo de descontos especiais en aluguer de automóbiles (AVIS) e hoteis afiliados ao programa.

Teléfonos bloqueo tarxetas Visa

En caso de extravío o roubo denuncie inmediatamente a desaparición da súa tarxeta.

Se se encontra en España chame ao teléfono de Servired 902 192 100 (24 horas).

Se se encontra no estranxeiro, pode contactar con VISA en teléfonos +34 917 742 621 y +34 918 385 002 (24 horas).

Se necesita máis información, pode consultar en www.servired.es (sección "emerxencias") ou en www.visaeurope.es (sección "SOS").