características

As tarxetas con CHIP responden á aplicación do estándar de operatividade EMV para a autentificación de pagamentos mediante tarxetas de crédito e débito.

O nome EMV é un acrónimo de "Europay MasterCard VISA", as tres compañías que inicialmente colaboraron no desenvolvemento do estándar e que se está introducindo de forma graduada en todo o mundo.

O obxectivo desta tarxeta é aumentar a seguridade dos usuarios e reducir a fraude na utilización deste tipo de medios de pagamento.

Por que son máis seguras.

As tarxetas con chip fan que os datos persoais só sexan accesibles aos seus titulares. Isto é garantido a través da introdución nun teclado do código PIN cada vez que realice unha compra. O PIN, que é persoal e intransferible e que só debe estar en poder do titular, identifica de forma inequívoca o titular da tarxeta. Esta tarxeta asegura a portabilidade, seguridade e confiabilidade nos datos.

As tarxetas envíanse co chip desactivado.

É indispensable que lembre o seu PIN (o mesmo que utiliza para operar en caixeiros automáticos) para empezar a utilizar a súa nova tarxeta EMV.

Para activar o chip, o titular deberá realizar unha operación que lle requira o seu PIN. No caso que se trate dunha renovación ou substitución, a través desta operación o chip quedará activado e, de forma simultánea, desactivarase a anterior tarxeta. Para a súa seguridade deberá destruír a tarxeta antiga.

É recomendable que se active a tarxeta operando nun caixeiro automático xa que este lle requirirá o tecleo do seu PIN para realizar a operación.

O Chip das tarxetas de Arquia Caja de Arquitectos: un valor diferencial e de futuro.

Aínda que o estándar EMV só require un microchip de 2K (para soportar os servizos obrigatorios relacionados coa autenticación do usuario mediante PIN), Arquia escolleu para inserir nas súas tarxetas, un chip de 16K, con claves dinámicas DDA que permiten soportar ademais outros servizos:

  • O cliente pode descargarse e administrar a través dun lector de tarxetas con chip ata tres certificados ou sinaturas dixitais.
  • No futuro, a capacidade deste chip permitirá implantar outros novos servizos a través do uso de tarxeta de Caja De Arquitectos.

Extravío ou esquecemento do número PIN do titular da tarxeta.

Se non lembra ou extraviou o seu número PIN debe poñerse en contacto telefónico coa súa oficina ou ben solicitalo persoalmente nesta.

Internet

As nosas tarxetas Visa dispoñen de algo máis: unha total dispoñibilidade da información e un completo control destas dende o noso servizo de Banca en Liña. Coñecer o importe pendente, coñecer o detalle dos seus gastos por conceptos... non é un problema, é inmediato, a un clic de distancia.

Compras seguras por Internet: Arquia Caja de Arquitectos está adherida ao sistema de comercio electrónico seguro de VISA "Verified by VISA". Con este servizo beneficiarase do comercio electrónico seguro naqueles comercios da internet que estean identificados co distintivo de "Verified by VISA".

Este sistema asegúralle que só vostede poida utilizar as súas tarxetas de crédito "VISA / Arquia Caja de Arquitectos" para pagar pola internet nos comercios "Verified by Visa", xa que para realizar as súas compras deberá identificarse cun contrasinal só coñecido por vostede.

En caso de perda ou roubo da tarxeta deberá comunicalo inmediatamente aos teléfonos:
Servired 902 192 100
Contact Center Visa +34 914 689 171