conta mozos

Servizos profesionais exclusivos para:

  • Estudantes de arquitectura que estean finalizando os seus estudos (60% dos créditos aprobados).
  • Arquitectos novos que inicien a súa carreira profesional tanto se o fan como autónomos, traballando nun estudio ou en calquera outra empresa.

Coa Conta Mozos poderás...

  • Financiar os teus estudos ou o inicio da túa carreira profesional con préstamos en condicións exclusivas.
  • No caso de domiciliar a nómina, acceder a un exclusivo programa de créditos e a un seguro gratuíto de accidentes.
  • Acceder a todas as vantaxes da operativa, sen gastos nin comisións, de Arquia Caja de Arquitectos:

E ademais...Gozar dunha subscrición gratuíta de 6 DVD da colección Arquia/Documentais da Fundación Caja de Arquitectos ao contratar o teu Préstamo de Estudos ou de Iniciación Profesional.

Préstamos Conta Mozos

Sen comisións por cancelación (total ou parcial) e sen gastos de estudo.

  • Préstamo Estudos

    Para o pagamento da matrícula da Universidade, matrícula en máster, doutorados e outros estudos de posgrao, adquisición de ordenadores, programas e periféricos.

    Ata 15.000 €, máximo 5 anos. (*)

    Tipo de xuro preferente.

  • Préstamo Iniciación Profesional

    Para a adquisición de equipamento informático e calquera outro equipamento profesional necesarios para a posta en marcha do estudio.

    Ata 30.000 €, máximo 5 anos. (*)

    Tipo de xuro preferente.