Menos esforzo para aumentar os seus aforros.
O Plan Individual de Aforro Sistemático de Arquia Caja de Arquitectos Arquia PIAS (1) é a fórmula ideal para acumular un capital que lle permita constituír unha renda vitalicia que complemente os seus ingresos futuros.
Pero se necesita dispoñer dos seus aforros antes do previsto, poderá facelo sen ningún tipo de penalización.
- Achega mínima inicial ou periódica: 50 euros (constante o crecente).
- Achega mínima extraordinaria: 250 euros.
- Achega máxima anual: 8.000 euros (límite independente ao de achegas a Plans de Pensións e PPA).
- Prazo de contratación: indefinido (vostede decidirá cando desexa dispoñer dos seus aforros).
- Dispoñibilidade parcial ou total.
- Posibilidade de facer traspasos entre PIAS sen custo fiscal.
- Exención do 100% na tributación sobre os rendementos se se cumpren os requisitos legais.
- Rendibilidade garantida, máxima flexibilidade, liquidez total e vantaxes fiscais.
Rendibilidade garantida
Arquia PIAS ofrece unha rendibilidade mínima garantida para toda a vixencia do contrato, con actualización periódica de rendibilidade garantida semestral. (2)
Ademais, pola súa característica de Seguro de Vida, outorga unha cobertura económica adicional por falecemento. (3)
Máxima flexibilidade
Poderá realizar achegas extraordinarias ou periódicas (constantes ou crecentes) e poderá, en calquera momento, suspender, reactivar ou incorporar achegas periódicas.
Liquidez total (4)
En calquera momento poderá dispoñer, total ou parcialmente, do capital acumulado.
Vantaxes fiscais (5)
Os rendementos acumulados en Arquia PIAS non tributarán durante o período de acumulación sempre que se cumpran os seguintes requisitos:
- Que a percepción do PIAS sexa unha renda vitalicia.
- Que a suma das achegas anuais a PIAS non supere o límite máximo anual de 8.000 euros.
- Que a suma das achegas durante toda a duración do seguro en PIAS non supere o límite máximo de 240.000 euros.
- Que teñan transcorrido, polo menos, 10 anos dende a primeira achega computable.
- Que o tomador, o asegurado e o beneficiario da renda vitalicia sexan a mesma persoa.
As percepcións de renda vitalicia tributarán como Rendas do Capital Mobiliario e aplicaránselle importantes reducións que dependerán da idade que se teña ao iniciar a percepción da renda:
| Idade | % redución | Tributación efectiva |
|---|---|---|
| Menos de 40 anos | 60% | 7,60% |
| Entre 40 e 49 anos | 65% | 6,65% |
| Entre 50 e 59 anos | 72% | 5,32% |
| Entre 60 e 65 anos | 76% | 4,56% |
| Entre 66 e 69 anos | 80% | 3,80% |
| 70 anos ou máis | 92% | 1,52% |
Contrate agora Arquia PIAS para que os seus aforros gocen de todas estas vantaxes e empece a acumular antigüidade para obter o máximo beneficio fiscal no futuro.
(1) Arquia Plan de Previsión Asegurado é un seguro de vida-aforro contratado con Caja Ingenieros Vida, Compañía de Seguros y Reaseguros, SAU.
Mediador: Arquiseguros, Correduría de seguros de la Caja de Arquitectos y de Asemas Mutua de Seguros a prima fija, S.A. Inscrita no Rexistro administrativo especial da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións coa clave J-173 e no Rexistro Mercantil de Barcelona na folla núm. B-11433, folio 111, tomo 20723. NIF A59697573. Concertado Seguro de Responsabilidade Civil e acreditada capacidade financeira de conformidade á Lei 26/2006 do 17 de xullo.
(2) O tipo de xuro do Arquia PIAS fixarase de forma semestral e en ningún caso poderá ser inferior ao 1% anual. Os gastos imputables ao Arquia PIAS quedan limitados ao 0,95% anual.
(3) O importe da cobertura económica adicional por falecemento será equivalente á provisión matemática á data na que a Entidade Aseguradora teña constancia do acaecemento máis un capital adicional do 1,3% da provisión matemática calculada o último día do mes anterior, cun mínimo de 25 euros e un máximo de 1.000 euros.
(4) Durante o período de acumulación de capital poderase exercer o dereito de rescate total e parcial da provisión matemática, cun importe mínimo para os rescates parciais de 250 euros e sen que a Provisión Matemática resultante poida ser inferior a 500 euros.
(5) Segundo a lexislación fiscal vixente.



