O noso Depósito Crecente é un depósito de aforro á vista (con liquidez inmediata) indexado ao prezo do diñeiro (tipo de interese do Banco Central Europeo), onde o tipo de interese se incrementa automaticamente en función do saldo depositado.
O depósito liquidarase trimestralmente en base ao saldo medio das partidas presentes ao final do trimestre. O tipo corresponderá ao tipo medio do Banco Central Europeo durante o trimestre con un diferencial que se obterá consultando un escalado en función do saldo medio do depósito. Con total liquidez.
É un produto perfecto para unha situación de aforro continuado onde se van achegando cantidades e permite facer os reintegros que sexan necesarios. Sempre coa certeza de que o tipo de interese se axustará ao seu saldo e ao mercado sen necesidade de renegocialo.
Fiscalidade
As rendas do aforro ata 6.000 euros tributarán o 21%, as rendas entre 6.000 e 24.000 euros tributarán o 25% e a partir de 24.000 euros a tributación será do 27%. A retención á conta que se aplicará en todos os casos será do 21%.



