activos financeiros

renda fixa pública

  • Títulos de renda fixa emitidos polo Estado. Coñecidos como Repos, ofrecen ao cliente un alto grao de seguridade a través da garantía do estado.

    Especialmente dirixidos a clientes con perfil de risco conservador, que buscan un investimento a curto prazo (ata 18 meses) valoren máis a seguridade que unha maior rendibilidade obtida cunha maior exposición ao risco.

    Están exentas de retención a conta sobre o IRPF

    Sen comisións de xestión nin de depósito

  • Títulos de renda fixa a longo prazo emitido polo estado dirixido a clientes que buscan unha boa rendibilidade coa máxima garantía.

    Os rendementos cóbranse anualmente nunha data fixada dependendo da emisión adquirida ou a vencemento.

    Pódense vender anticipadamente, dependendo o prezo da situación do mercado nese momento.

    Sen gastos nin comisións

renda fixa privada

Bonos emitidos por empresas solventes con vencementos a curto, medio e longo prazo. Dependendo da emisión poderán ter rendementos periódicos únicos a vencemento (cupón cero).

Para clientes cun perfil de risco baixo que desexen obter unha maior rendibilidade que a débeda pública do estado, aceptando a exposición do risco das empresas escollidas nos mercados financeiros.

Pódense vender anticipadamente dependendo o seu valor da súa cotización nos mercados. É aconsellable respectar os vencementos co fin de obter os rendementos esperados.

valores/ accións

Compra/venda de títulos de participación dunha compañía que son negociados nos mercados bolseiros. Ofrecen ao cliente unha dobre retribución:

  • a ofrecida a través dos dividendos (en función dos resultados da sociedade e da distribución destes acordado en xunta de accionistas)
  • e as plusvalías (e minusvalías) que se poidan obter na súa negociación no mercado bolseiro.

Liquidez inmediata a través do sistema electrónico do mercado continuo.

Cunha completa operativa para o cliente a través de Arquia Red, a banca en liña de Arquia.